(Estás visitando las páginas del libro en galego. Si estás interesado/a en el libro en castellano, selecciona la versión en castellano de este sitio).

Thumb, coñecido como T32 a partir da versión 8 da arquitectura ARM, é un repertorio de instrucións en linguaxe ensamblador e un estado de execución da arquitectura ARM que se definiu orixinalmente a partir das instrucións máis utilizadas nos programas ARM, codificadas con 16 bits no canto de 32 bits para facer o código máis compacto. Na actualidade inclúe as instrucións orixinais, así como algunhas instrucións adicionais de 16 e 32 bits. Thumb está orientado fundamentalmente ao desenvolvemento de sistemas embebidos, por exemplo os dispositivos para o control de sistemas de videovigilancia, routers, cámaras dixitais, lavadoras, determinadas funcións dun automóbil, e en xeral calquera dispositivo do ámbito da Internet das Cousas. 

A arquitectura ARM, introducida hai máis de 35 anos, está presente na actualidade en miles de millóns de dispositivos, desde Fugaku, o supercomputador líder do ranking dos computadores máis potentes do mundo en 2020, até o Kinetis KL02, un femtocomputador de 1,9 x 2 x 0,5 mm baseado no núcleo ARM Cortex-M0+, con 32kB de memoria flash e 4 KB de RAM, pensado para produtos que se poidan tragar.

Estas páxinas son parte do libro de programación en ensamblador Manual de Programación en Ensamblador. Unha achega teórico-práctica. Trátase dun libro baseado nas clases prácticas e exames prácticos que os autores han ir preparando ao longo de máis de vinte anos de experiencia impartindo as materias de arquitectura de computadores nos diversos plans de estudo da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo.

Se tes calquera pregunta sobre o libro, ou se desexas comunicar un erro no texto, por favor ponte en contacto connosco.